Esta página não será mais actualizada!
Por favor visite o novo Alice News em alicenews.ces.uc.pt

¡Esta página ya no será actualizada!
Por favor visite el nuevo Alice News en alicenews.ces.uc.pt

This page will no longer be updated!
Please visit the new Alice News at alicenews.ces.uc.pt

Esta página não será mais actualizada!
Por favor visite o novo Alice News em alicenews.ces.uc.pt

¡Esta página ya no será actualizada!
Por favor visite el nuevo Alice News en alicenews.ces.uc.pt

This page will no longer be updated!
Please visit the new Alice News at alicenews.ces.uc.pt

Europa Decolonial e Pobos sen Estado: Beiras, De Sousa Santos, membros da CUP e do SAT

Lídia Senra, eurodeputada de Alternativa Galega de Esquerda en Europa (AGEe) presentou xunto ao voceiro nacional de Anova, Xosé Manuel Beiras, e o ex embaixador de Bolivia ante a UE e agora membro da Rede de Decolonizar Europa, René Fernández, as xornadas que os días 19 e 20 de febreiro reunirán no Paraninfo da Universidade da Coruña a máis dunha vintena de representantes de diferentes colectivos de “pobos oprimidos de toda Europa”.

Praza Publica
06 Fev 2016

Baixo o título “A historia da Europa Decolonial e da Europa dos Pobos sen Estado”, as xornadas organizadas polo GUE/NGL e AGEe -en colaboración con Decoloniality Europe-Galiza Decolonial- traerán á Coruña o sociólogo portugués Boaventura de Sousa Santos, integrantes das CUP de Catalunya, do SAT e da Islamic Human Rights Commision, entre outras, para participar en diferentes mesas de debate abertas ao público nas que tamén estarán presentes a propia Lídia Senra, Xosé Manuel Beiras, a galega Helena Miguélez-Carballeira, o responsábel de Relacións Internacionais do SLG, Xosé Ramón Cendán, o de Relacións Internacionais da CIG, Moncho Boán, e concelleiras da Coruña, Vigo ou Marín. “O que se pretende con estas xornadas de dous días de moita intensidade é seguir establecendo pontes políticas comúns entre a Europa das nacións sen Estado e a Europa dos pobos oprimidos pola historia colonial”, indicou Lídia Senra.

A eurodeputada destacou a importancia para AGEe de organizar e participar nunhas xornadas internacionais deste tipo, “onde poidamos seguir poñendo en común, seguir colaborando e intercambiando experiencias entre os diferentes movementos desta loita dos pobos oprimidos que non é nova”. Destacou que o importante será “coñecernos e intercambiar ideas, dialogar, tendo en conta que estamos nun marco de globalización cada vez máis crecente, onde as decisións políticas que se toman cada vez sen fan en espazos máis afastados de nós, e ante iso, é fundamental que dialoguemos e nos coñezamos”.

Pola súa banda, René Fernández explicou que a Rede Decolonizar Europa está composta por membros en toda Europa que tratan de debater e difundir pensamento tendo en conta que as ramificacións do colonialismo hoxe en día perpetúan sistemas patriarcais, eurocentristas, de negación do ser e do dereito de autodeterminación dos pobos, entre outro tipo de opresións.

As charlas buscan “a interacción con toda a xente que loita contra as redes de poder que someten aos pobos a presións produto da historia colonial”

En definitiva, trataríase de “entrar en interacción con toda a xente que loita contra as redes de poder que someten aos pobos a presións produto da historia colonial” e con “suxeitos como é o caso dos pobos sen estado que están sometidos á ficción dos Estados-nación”, afirmou. “O que buscamos con este encontro é reflexionar sobre o que nos une, sen perder a nosa personalidade e particularidade de cada un, nutrirnos de reflexións comúns. Cada pobo, colectivo, grupo oprimido ten a súa propia maneira de vivir a realidade que lle afecta en cuestión e unha lectura común sobre de onde ven axuda”.

Na súa intervención, Xosé Manuel Beiras explicou que para a cidadanía galega “é sabido que hai moitos anos que en Galiza o pensamento nacionalista de esquerda estableceu o principio de que Galiza non era só unha nación oprimida, senón unha colonia interna do Estado español”. “E ese fenómeno ten outros análogos noutras partes do planeta”, exclamou.

“Pasamos de ser unha colonia do Estado español a ser unha colonia de Europa, e todo está relacionado coa abolición da soberanía nacional”, dixo Beiras, para denunciar que cando un pobo vota algo que non convén, directamente os poderes europeos non o aceptan. “Non aceptan que emerxa unha esquerda social que se libere das políticas agresoras, e daquela desde a UE manipúlase todo e borbonéase, actuando cos sectores reaccionarios”, asegurou.

O voceiro de Anova tivo unha especial mención para Ramón Grosfoguel, de Europa Decolonial, e discípulo de Boaventura de Sousa Santos, “unha figura de enorme prestixio”, de quen en certa medida partiu a idea de artellar estas xornadas.

Programa – 'A historia da Europa Decolonial e da Europa dos Pobos sen Estado'

Programa
Venres 19 de febreiro de 2016
18:00
Recepción dos/as participantes e apertura das xornadas por Lídia Senra Rodríguez, Deputada no Parlamento Europeo pola Alternativa Galega de Esquerda en Europa e membro do Grupo Parlamentario da Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL).

18:30 a 21:30 – “Unha visión decolonial para unha Europa dos pobos”
- Xosé Manuel Beiras (Portavoz de AGE no Parlamento Galego)
- Houria Bouteldja (Parti des Indigènes de la République-PIR, Francia)
- Anna Gabriel Sabaté (Deputada da CUP no Parlamento de Catalunya)
- Lídia Senra Rodríguez (Eurodeputada do GUE/NGL)
Moderador: Ramón Grosfoguel (Europa Decolonial)

Sábado 20 de febrero de 2016
9:00 a 11:30h – O problema do Estado-Nación como institucionalidade de autoridade política e como ficción identitaria no marco europeo
- Quim Arrufat (Membro das CUP)
- Néstor Salvador (Membro do Sindicato Andaluz de Traballadores/as e do Grupo de Estudios Campesinos Juan Días del Moral)
- Jesus Artiola, Txell Bragulat, Josep Navarro, Nuria Cormena, etc. (Membros da CUP)
- Helena Miguélez-Carballeira (Profesora Universidade de Bangor, Gales)
- Xosé Ramón Cendán (Sindicato Labrego Galego)
Moderadora: Lídia Senra Rodríguez (Eurodeputada do GUE/NGL)

A idea desta mesa é discutir a estrutura do estado-nación como mecanismo de dominación cara ás nacións sen estado e cara aos e ás cidadás racializadas. Trátase de discutir o estado-nación como problema e pensar noutras formas de organización institucional da autoridade política máis aló do estado-nación como estrutura que produciu discriminación cara a cidadanía das nacións sen estado e dos pobos racializados. Un tema para discutir é o assunto das formas de estados para sociedades plurinacionais como alternativas ao concepto de estado-nación. Que institucionalidade estatal propoñerían os nacionalismos de esquerda e os movementoso descoloniais de Europa máis alá do estado-nación?

11:30 a 12:00 – Descanso.

12:00 a 14:30 – A interseccionalidade das opresións como problema para pensar os procesos de liberación e os nacionalismos na Europa do século XXI
- Daniela Ortiz (Artista e activista visual y líder do Espazo do Inmigrante no Raval)
- Arzu Merali (Islamic Human Rights Commission)
- Ana Martinez Serrano (Membro do Sindicato Andaluz de Traballadores/as e do Grupo de Estudios Campesinos Juan Díaz del Moral)
- Begoña Dorronsoro (Investigadora no Centro de Estudos Sociais da Universidade de Coimbra)
- Margarita López Barreiro (Activista feminista e Concelleira en Vigo pola Marea de Vigo)
- Moncho Boán (Responsable de Relacións Internacionais da CIG)
Moderadora: Rocío Fraga Sáenz Coruña (Concelleira de Igualdade e Diversidade no Concello da Coruña pola Marea Atlántica)

A idea desta mesa é mirar criticamente os procesos de liberación e anticoloniais do século XX para pensar os procesos de liberación descoloniais e de emancipación nacional do século XXI. Trátase de non repetir os nacionalismos patriarcais, clasistas e racistas do século XX e producir nacionalismos emancipadores e proxectos descoloniais de liberación máis aló das opresións de clase, xénero, raza e sexualidade.

14:00 – Fin da xornada de mañá.

16:00 a 18:30 -As Epistemoloxías do Sur: Pensar dende o Sur, para o Sur e co Sur na Europa Actual
- Dew Baboeram (Decoloniality Europe-Holanda)
- Montse Galcerán Huguet (Profesora Filosofía, Universidad Complutense de Madrid)
- Javier García Fernández (Membro do Sindicato Andaluz de Traballadores/as e do Grupo de Estudios Campesinos Juan Díaz del Moral)
- Zesar Martínez García (Profesor de Socioloxía, Universidade do País Basco)
- Jurjo Torres Santomé Escolar, (Catedrático de Universidade de Didáctica e Organización Escolar, Universidade da Coruña) Moderadora: Sandra Pesqueira Pérez (Concelleira e portavoz da Marea de Marín)

A idea desta mesa é discutir o que significa producir un pensamento crítico desde o Sur. Se o Sur non é un espazo xeográfico, senón unha localización en relacións de dominación colonial e neocolonial, existe un Sur dentro do Norte. Trátase de producir un pensamento crítico desde o Sur, é dicir, desde as nacións sen estado e desde a cidadanía racializada provinte da historia colonial. A idea é buscar políticas e formas institucionais de organizar isto.

18:30 a 19:00 – Descanso

19:00 a 21:00 – “Unha epistemología do Sur para unha Europa Decolonial”
- Boaventura de Sousa Santos (Catedrático de Socioloxía pola Universidade de Coimbra e profesor de Dereito na Universidade de Wisconsin-Madison, Estados Unidos)

Organiza: Grupo Esquerda Unitaria Europea-Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL) e Alternativa Galega de Esquerda en Europa

Colabora: Decoloniality Europe – Rede de académicos/as e intelectuais decoloniais europeos/as que busca xerar pensamento crítico sobre a hexemonía política e intelectual de Occidente, e buscar alternativas epistemolóxicas e políticas na decolonizalización do pensamento científico.

Related posts:

  1. Conferência de Abertura do Colóquio Epistemologias do Sul – Boaventura de Sousa Santos
  2. Fórum Social deve ir além do debate e agir mais, diz Boaventura de Sousa Santos
  3. Boaventura de Sousa Santos sobre o papel do Fórum Social Mundial
  4. “Revueltas”: Nuevo libro de Boaventura de Sousa Santos
  5. Boaventura de Sousa Santos: Celebrar a Ciência e a Cidadania

Designed by WPSHOWER

Powered by WordPress

CES UC CES SFP
Site developed with
Software Open Source

Creative Commons License