Seminário | Apresentação de Livro – Repensar a Democracia
Seminário | Apresentação de Livro “Repensar a Democracia”
Com intervenções de Luis Villares Naveira, Teresa Cunha, Xoán Hermida González
6 de dezembro de 2017, 17h30 | Sala 1, CES Alta
Transitamos cara a unha nova democracia ou, se se quere, unha nova conceptualización da democracia. Facémolo desde o ámbito local, no que o 15M sinalou claramente que camiñabamos sobre un modelo político esgotado hai tempo. E tamén no global, xa que o contrato social da modernidade, como ben observou o profesor Sousa Santos, xa hai tempo que vén deixando fóra a un importante continxente social cada día máis amplo.
Falamos de democracia desde a perspectiva losó ca que nos achega o profesor Fernández Naveiro, que nos introduce aos con-ceptos de isonomía (o imperio da lei entre iguais) e da representatividade (en palabras do propio Naveiro, «o corpo mecánico da democracia»), pero falar de democracia tamén é facer referencia ao ben común (seguindo a Hegel, «o verdadeiro é o Todo»), e á soberanía como expresión da participación da cidadanía. E no contexto, non poderiamos deixar de abordar a crise do modelo liberal e a construción de novas interpretacións desde a posmodernidade.
Repensar a democracia signica recorrer inevitablemente ao pensamento de Boaventura de Sousa Santos. Tanto é así que os diferentes autores e autoras do presente libro referencian en maior ou menor medida a súa obra.

